febreiro 25, 2022
𝐈𝐍𝐆𝐑𝐄𝐃𝐈𝐄𝐍𝐓𝐄𝐒:
🔸250 ml de #Deleite.🔹250 ml de auga.
🔸4 ovos.
🔹1 cullerada de canela en po (opcional).
🔸1 chisco de sal.
🔹1 cullerada de azucre.
🔸200 g de fariña (e se queda moi líquida, un pouco máis).
🔹Aceite de oliva.
𝐏𝐑𝐄𝐏𝐀𝐑𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍:
▶️Batemos os ovos co azucre, a canela e o sal. A seguir, mesturámolos con #Deleite e coa auga e, pouco a pouco, imos incorporando a fariña batendo ben para que non fiquen bolborotos.
▶️Cando tivermos o amoado preparado, deixámolo repousar un anaco.
▶️Poñemos a filloeira ou unha tixola ao lume e frotamos a superficie cun pouco de aceite. Cando estiver quente, botamos unha capa delgada de masa e cando esteadourada, dámoslle a volta.
▶️Lembra que antes de poñelas todas xuntas nun montón, teñen que arrefriar... 𝐁𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐯𝐞𝐢𝐭𝐨.