marzo 01, 2022
📝 𝐈𝐍𝐆𝐑𝐄𝐃𝐈𝐄𝐍𝐓𝐄𝐒:
🔹 1 culleriña de canela
🔸 250 g de cabaza cocida
🔹 1 sobre de lévedo en po
🔸 2 ovos + 3 xemas
🔹 1 chisco de sal
🔸 150 g de fariña de trigo
🔹 250 ml de #Deleite
🔸 20 g de fariña de millo refinada
🔹 ½ vaíña de vainilla
🔸 2 culleradas de azucre
👉 𝐏𝐑𝐄𝐏𝐀𝐑𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍:
- Cocermos a cabaza uns 20 minutos até que estea brandiña e esmagámola cun
garfo até conseguirmos un puré. - A seguir, batemos os ovos cun chisco de sal, unha cullerada de azucre e a canela.
Incorporamos a cabaza e, por último, engadimos a fariña co lévedo. - Cando tivermos o amoado feito, nunha tixola con abundante aceitemos botamos
unha cullerada de masa e, ao cabo duns segundos, as chulas comezarán a flotar.
Deixamos que se douren e retirámolas do aceite pousándoas sobre papel de cociña. - Para enchelas de crema, primeiro temos que pór nun cunco a vainilla, a fariña,
unha cullerada de azúcar, a metade do Deleite e as tres xemas, e remexemos até que
os ingredientes queden ben integrados. A continuación, agregamos o resto do Deleite e
mesturamos. Finalmente, pomos a crema ao lume e cociñamos até que ferva e
espese sen deixar de removermos. - Deixamos que a crema arrefríe un pouco e enchemos as nosa chulas. 𝐁𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐯𝐞𝐢𝐭𝐨!😊