Este ano os galardóns foron para
- Bernardino Graña na modalidade de Letras
O escritor do morrazo, fillo do histórico Bernardino Graña Refojos, forma parte dende o ano 2010 da Real Academia Galega.
- Antón Pulido na modalidade de Artes Plásticas
Natural de Amoeiro, converteuse no primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea no ano 1993.
- Natalia Lamas no campo Musical
Presidenta da Asociación de Amigos da Ópera de A Coruña, é unha pianista e concertista de fama internacional.
- A compañía Nova Galega de Danza en Artes Escénicas
- Zaza Ceballos no eido do Audiovisual
Cunha dilatadísima carreira como productora, escritora e directora cinematográfica, participou, entre outros moitos filmes, na creación da primeira longametraxe galega en 35 mm, “Sempre Xonxa”.
- O Programa “Dígocho eu”, presentado por Esther Estévez, foi distinguido en Lingua
Este programa didáctico en chave de humor acadou grande repercusión en redes sociais coma Youtube ou Tik Tok.
- En Patrimonio Cultural, premiouse o mosteiro de San Pedro de Rocas
- Ubicado na localidade de Esgos, Ourense, é un conxunto único xa que ten partes excavadas na rocha natural.
- Proxección Exterior foi para a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina (FSG)
Fundada en 1921, foi a voz de Galicia na emigración a través, por exemplo, do xornal El Despertar Gallego, dirixido por Antón Alonso Ríos. FSG ten o mérito de ter impulsado a creación da editorial Alborada, fundamental para a expresión da literatura galega durante a ditadura franquista.
Queremos sumarnos á felicitación dos premiados e premiadas e brindar por moitos anos de éxitos e proxección da nosa cultura.