Novas

Por que se bañaba Cleopatra en leite?

A lenda de Cleopatra é tan grande como pouco contrastada. Os feitos históricos, especialmente aqueles que teñen que ver coa súa labor como monarca, son reais e están documentados, se ben a imaxe persoal da faraona foi deturpada polos seus inimigos políticos.

image2-2

O Exipto de Cleopatra e a beleza 

É coñecido por todas e todos nós a imaxe de Cleopatra como referente de beleza. A imaxe, ata certo punto excéntrica e superficial da monarca, foi moi alimentada no seu momento polo seu inimigo político Octavio, quen rematou por derrotala na batalla polo dominio do Imperio exipcio engadindo este territorio como provincia a Roma e provocando o suicidio da raíña. 

Os antiguos exipcios rendíanlle culto á beleza. Eran unha sociedade extremadamente preocupada pola hixiene e a apariencia. 

O coidado da estética ía dende a vestimenta á musculatura. Son amplamente coñecidos as ducias de ungüentos que tanto elas coma eles empregaban a diario. Moitos tiñan funcións repeledoras de insectos ou antisépticas, mais todos os produtos tiñan tamén unha finalidade estética. No Antigo Exipto pintaban os ollos a diario, gastaban extensións de cabelo e depilaban o corpo nun ideal de beleza realmente moi semellante ao actual.

image1-2

Cleopatra e os baños en leite

Neste contexto que comentamos de grande aprezo pola proxección estética, a alta nobreza sobresaía, por suposto. Non só gastaban os mellores liños se non que tiñan rituais de beleza moi excéntricos para a época (lémbravos a algo que coñezades?). Aquí é onde entra o mito de Cleopatra e os baños en leite.

Tense cuestionado se isto forma parte do mito ou da realidade para chegar á conclusión recente de que non é unha práctica nada descabelada para unha monarca. É máis, a día de hoxe moita da alta cosmética que se emprega ten como compoñente o leite.

Beneficios cosméticos do leite:

  • Retrasa o envellecemento da pel

O leite ten vitamina A e C que actúan directamente na protección e hidratación da pel. 

  • Ten efectos reparadores:

No caso de queimaduras, sequedade e irritación da pel, os nutrientes do leite actúan como reparadores naturáis corrixindo, calmando e hidratando as zonas afectadas.

  • Ten propiedades antibacterianas

No caso do acné ou das picaduras é un antibacteriano efectivo que axuda a desinfectar os posibles focos de infección.

image4

Como vedes, o leite fainos ben en todo. E se aínda por enriba nos pon máis guapas e guapos, longa vida a Cleopatra, socializadora deste invento cosmético tan xenial.