Nesta ocasión a canción escollida foi “Quen poidera namorala”de Luis Emilio Batallán. O cantautor nado en Compostela musicou no ano 1975 o poema de Álvaro Cunqueiro “O niño novo do vento” (1933), converténdose nun clásico instantáneo que conta con versións de artistas da talla de Xoel López, Milladoiro ou Eladio y los Seres Queridos.
Nesta reinterpretación, Paloma mestura os sons máis clásicos coas tendencias actuais á perfección. Respectando de xeito fidedigno a melodía orixinal, e cunha música que xunta os sintetizadores con sons tradicionais, dalle a unha canción que é parte da memoria colectiva galega un aire fresco e totalmente innovador. A produción do tema correu a cargo de Javi Aguilar (@javi4aguilar), Kora (@kora.st) e da propia intérprete.
Despois da Munheira de Chantada de Verto, Por última vez dos Ataque Escampe, Xuntos de Familia Caamagno, O Tren de Ale e Miña terra galega de Radio Océano, o Quen poidera namorala de Paloma convértese na achega de outubro a Puro Deleite, o proxecto que culminará dentro duns mese coa edición dun disco físico.