Hai uns días puxemos en marcha o sorteo do libro de receitas 'A carón do lume' (Editorial Galaxia) e a participación foi moi elevada por parte dos nosos seguidores nas redes sociais. Algo que agradecemos moito e que nos anima a seguir premiando á #XenteDeleite con máis sorpresas e novas 'deleituras' en vindeiras ocasións.
'A carón do lume' ofrece unha selección de receitas galegas, humildes e tradicionais, que pretende espertar un recordo, transmitir o sentir e a historia que vai de par de cada unha delas. Nel, Mónica Prego, a autora, recrea esas receitas que as avoas facían a carón da lareira, o centro das casas. E desde Deleite queremos darlle os parabéns a Mónica por este traballo e pola súa dispoñibilidade para asinar os libros para os nosos seguidores.
Sorteamos seis exemplares nas principais redes sociais e estas son as persoas afortunadas:
En Facebook as gañadoras son Marga Chas Castro e María Gutiérrez Montero.
En Twitter a fortuna sorriu a @Begofegar03 e @Chibs_Sire.
E en Instagram os libros van para @beli_blanco e @edrosinha.
As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibiren o seu premio.
Moi pronto presentaremos novos premios que agardamos que tamén vos gusten!