Novas

Coñecemos aos afortunados no sorteo para ir ao Revenidas

Festival Revenidas 2024 Deleite Galego

Esta fin de semana regresa a Vilaxoán (Vilagarcía) Festival Revenidas, que celebra a súa vixésima edición e na que un ano máis Deleite non podía deixar de estar presente. Como en edicións anteriores, queremos facer partícipe á comunidade #XenteDeleite neste evento, e por iso nos últimos días puxemos en marcha un sorteo para regalar dous abonos dobres entre os nosos seguidores.

O sorteo estivo activo nos nosos perfís oficiais nas principais redes sociais, rexistramos centos de participacións e a sorte sorriu a @veronicaviano (en Instagram) e a @Candido_Pan (en X, a antiga Twitter). Os gañadores deberán poñerse en contacto con nós mediante mensaxe privada en redes para recibir os seus abonos. Pronto traeremos máis sorteos de entradas para concertos e eventos culturais... Estade atentas e atentos!