Novas

Batidos de froitas para esperar ao verán

O batido é un deses clásicos atemporais que dun xeito ou doutro, dificilmente atoparemos a alguén que non lle guste. 

sebastian-coman-photography-rwBJaJdesGg-unsplash

Un pouco de historia do batido? Si, por favor!

Os batidos tal e coma os coñecemos popularizáronse a finais do século XIX, cando as refrixeradoras e as batedoras eléctricas comezan a empregarse na hostelaría. 

En teoría, os primeiros batidos nacen da vontade de facer unha “sopa” ou mezcla nutritiva para bebés ou persoas enfermas, daí a idea de mezclar leite con froita. Mais, coma tantas outras cousas, os norteamericanos converteron a idea orixinal noutra moito máis espectacular, publicitaria e calórica. 

Os famosos batidos de películas coma Grease popularizáronse nos Estados Unidos nos anos 20 co nome de ice cream sodas. A diferenza dos batidos orixinais que se facían con leite e leite malteado, nos anos 40,os norteamericanos popularizaron as drugstore. Nestes locáis facíanse dous tipos de batidos:

  1. Ice cream soda

Nun vaso longo botaban sirope, soda (si, soda) e xelado. Algo que che pode revolver o estómago só de pensalo, foi un éxito de masas por todo o país americano.

  1. Milk ice cream

Máis semellante ao noso concepto de batido, faise con leite, xelado e sirope e tamén foi moi, moi popular durante varias décadas como acompañamento de calquera xantar, cea ou almorzo.

brenda-godinez-CrK843Pl9a4-unsplashBatidos de froitas para o verán 

Estamos xa con ganiñas de bo tempo e, por que non dicilo, de xornada laboral de verán. Mais, mentres non chega, podemos ir facéndonos á idea con este refrixerio saudable e rico a partes iguáis.

Facer un batido saudable non ten ciencia ningunha. Só precisas unha máquina de batir, algo de froita madura e un leite dixestivo e saboroso coma o Deleite.

Unha mistura que nos gusta moito é a de amorodo, leite e menta:

  1. Conxela os amorodos cando estean ben maduros. Cun par de horiñas xa lle chegaría.
  2. Ten o leite frío da neveira.
  3. Unhas follas de menta fresca.

Cendo teñas todo isto, só tes que batir a velocidade alta a froita e o leite, coalo para que non lle queden restos e sementes e servilo ben frío nun vaso alto ou onde máis che guste. Antes de tomalo, “aplaude” as follas de menta e colócaas por enriba. Verás que ben lle aquela ese toque fresco ao teu batido pre-verán.