Saúl Rivas recolle o premio coa mascota da serie / AIGI BOGA
Este ano o proxecto audiovisual gañador foi ‘Bechos’, unha serie de animación en galego composta por pílulas de 5 minutos de duración e dirixida a primeiros espectadores.
Dende Deleite Galego quixemos valorar esta serie pola necesidade de que existan produtos audiovisuais de calidade e e en lingua galega dirixidas a público infantil, axudando a que se familiaricen co idioma desde idades temperás, facilitando o proceso de aprendizaxe e promovendo o seu uso cotiá.
Os produtores e algún dos actores de dobraxe da serie antes da xuntanza / AIGI BOGA
A serie conta as aventuras de catro animaliños: Xurxo, Xiana, Catuxa e Margarida e tamén compite como finalista na categoría de Mellor serie web. Recolleuo premio Saúl Rivas, un dos creadores deste proxecto. ‘Bechos’ está dispoñible en xabarin.gal, na app para dispositivos do Xabarín e na canle de Youtube da Televisión de Galicia.
‘Bechos’ súmase deste xeito ao programa ‘DígochoEu’ e ao filme ‘Valentina’, que recibiron o Premio Deleite á promoción da lingua en anos anteriores.
O vindeiro 23 de marzo no Coliseum da Coruña terá lugar a nova edición dos Premios Mestre Mateo, onde tamén estaremos apoiando ao audiovisual galego.