Puxemos en marcha nas nosas redes sociais un sorteo de vinte libros e a participación da #XenteDeleite superou todas as expectativas, algo que nos deixa moi contentos e que nos anima a seguir organizando xogos deste estilo.
Sorteamos catro obras diferentes e as persoas gañadoras son:
🔸 A parte fácil de Ismael Ramos:
María Teresa Fidalgo Fernández (Facebook), Gustavo Peaguda (Facebook), @paulallenron (Instagram), @crisvarelanu (Instagram) e @xosexeito (Twitter).
🔹 Escola de mulleres de Inma López Silva:
Sandra Poceiro Casás (Facebook), Tania Fuentes Vieites (Facebook), @raaquelct95 (Instagram), @eva_beta (Instagram) e @C2Rgam (Twitter).
🔸 O home que matou a Antía Morgade de Arantza Portabales:
Angel José Marful Castañal (Facebook), Marga Méndez Varela (Facebook), @mateo_carabelos (Instagram), @XandraAlcalde (Twitter) e @Eva_Lama (Twitter).
🔹 Viva a Comuna! de Carlos Meixide:
Alba Riola Bustabad (Facebook), Cristina Corbillón Gómez (Facebook), @aldaramuinhos (Instagram), @SergioLR11 (Twitter) e @lcoutov (Twitter).
Os gañadores deben poñerse en contacto con nós por mensaxe privada nas redes sociais para proporcionar os datos de envío (nome completo, enderezo completo e número de teléfono) e así recibir o seu premio.
Ademais, varias mensaxes de usuarios alertáronnos sobre perfís falsos que se fan pasar por Deleite. Estes perfís nada teñen que ver con Deleite e xa foron denunciados. Pedimos que non se lles facilite ningún dato e subliñamos que só as persoas mencionadas na listaxe son as afortunadas.
Seguide atentos ás redes sociais de Deleite porque moi pronto haberá máis sorteos e premios!