Novas

Xa sabemos quen é a persoa gañadora da viaxe a Bruxelas

Written by Deleite Galego | Jan 21, 2025 8:53:53 PM

Hai un par de semanas activamos un dos sorteos máis especiais e divertidos do ano: unha viaxe dobre a Bélxica para vivir o Festival EmigraSON, o festival galego no corazón de Europa. As particiapacións #XenteDeleite contámolas por milleiros e a actividade foi un éxito. Algo que nos empurra a seguir facendo xogos coma este.


Os e as seguidoras de Deleite nunca fallades en todo o que organizamos, xa sexa en redes sociais ou na vida real. Desta volta queremos aproveitar para dar as grazas á propia organización do Festival EmigraSON, polo traballo que fan pola nosa cultura galega e por potenciala máis aló das nosas fronteiras.

O sorteo, que estivo activo en Facebook, Instagram e X (Twitter), chegou hoxe á súa fin e a persoa afortunada foi:

A usuaria @eusoncarme da rede social Instagram.

O premio consta dunha entrada dobre para o festival, unha entrada dobre para os eventos que o festival organiza na cidade o día anterior, unha viaxe dobre a Bruxelas en avión desde Galicia, o aloxamento no hotel e os traslados dende o aeroporto.


A persoa gañadora ten que, de acordo coas bases legais, contactar con nós durante o prazo de dous días a contar dende agora. No caso de que se declare o sorteo deserto procederase á selección dun suplente.

O ano pasado, Marcos foi o afortunado no sorteo, e convidou ao seu amigo Julián para pasar uns días inesquecibles. Agardamos que a gañadora desta edición tamén desfrute da experiencia. Por último, dicir que estamos argallando xa novas actividades e sorteos que agardamos que vos gusten tanto coma este. Moito ollo aos nosos perfís! 💙😊

Fotos: Pablo Vázquez.