Novas

Volta ao cole con Deleite

Voltamos de novo ás aulas e as máis pequenas e pequenos comezan un curso cheo de ilusións e proxectos.

Precisamente por iso, é máis importante ca nunca que estean ben alimentados e cos nutrintes e vitaminas que precisan para aguantar as horas de escola e ocio.

top-view-colorful-cereal-bowl

A alimentación na etapa de crecemento

Neste momento do desenvolvemento é importantísimo que os cativos e cativas tomen unha cantidade suficiente de lácteos. A súa estrutura ósea está en período de formación e deben inxerir o calcio e o ferro suficientes para que esta sexa sá. As eivas na alimentación durante a infancia teñen consecuencias na nosa saúde de adultos. O dito “é mellor previr que curar” nunca foi tan atinado.

É a nosa responsabilidade que as cativas e cativos medren ben alimentados e facerlles entender que todos os grupos de alimentos son necesarios, fundamentalmente os lácteos, as verduras e as froitas.

pregnant-mom-in-dress-girl-drinks-milk-mom-and-daughter-enjoy-cookies

O almorzo, a base do rendemento do día

Antes de iren ao cole ou á gardería, as cativas e cativos teñen que almorzar ben. Hai teorías que dín que o almorzo non é a comida máis importante do día nos adultos mais, na infancia, é, sen dúbida, a que ten máis importancia. A atención e o desenvolvemento cognitivo dos pequenos estará condicionado pola cantidade de enerxía que teñan para facerlles fronte aos estímulos externos que reciben. Polo tanto, han de saír da casa coa barriguiña chea de alimentos que favorezan o seu crecemento. 

No almorzo dunha cativa ou cativo non faltará nunca un bo vaso ou cunca de leite, algunha peza de froita e hidratos, ben sexa en forma de torrada, de galleta ou como cereais.

Este tipo de almorzo proporcionaralles defensas contra posibles contaxios, vitaminas para desenvolver o pensamento lóxico e calcio e ferro para teren unha forte musculatura e densidade ósea.