Novas

Estás pensando viaxar en Pascua? Dámosche ideas para facer as mellores rutas en Galicia

Written by A | Apr 6, 2022 2:44:43 PM

Achéganse as desexadas vacacións de primavera, un descanso ben merecido logo dos meses máis fríos do ano.

 

As máis das veces cando pensamos en viaxar e explorar novas paisaxes a imaxinación lévanos a destinos lonxanos aos que lles damos connotación máxicas e curativas.

Pois ben, isto mesmo témolo ben preto e denostado. Porque, imos ver! Cantas veces foches de ruta por Galicia? Seguro que moitas menos das que planificaches viaxes fóra dela.

E aínda que sexas toda ou todo un experto na materia das excursións por Galicia, se cadra somos quen de sorprenderte con algunha rutiña nova que engadirao teu cartafol de experiencias.

Rutas pola costa de Galicia

O noso país ten 1.498 km de costa, o que nos convirte na comunidade con máis costa de todo o Estado español. 

Este primeiro posto no podio das costas débese a unha peculiaridade xeográfica moi nosa: as rías. A nosa costa “dentada” ofrece kilómetros e kilómetros de praias de area branca e fina e unha variedade de fauna e flora incrible e enorme. Como podedes intuir, as posibilidades de facer rutas costeiras por Galicia son xigantes, por iso fixemos unha pequeniña escolma:

Fonte: https://www.pinterest.es/pin/839076974305616187/

Pasarelas de Fuciño do Porco

Na Mariña Lucense, a Punta Socastro (o seu nome oficial) é un deses lugares que como galegas e galegos, é delito non coñecer. 

Consulta o calendario de acceso ás pasarelas na súa web.

 

Ortigueira

Xa, xa sabemos que moitas e moitos de vós credes que coñecedes Ortigueira mais, permitídenos que vos digamos que o piñeiral no que chantaches a tenda e a praia de Morouzos non son o único que ofrece o Concello. É máis! A que non sabías que tamén se pode andar por Ortigueira? E sen mareo ningún!

Os cantís de Loiba na coñecida coma Ruta das Algas é un dos tesouros das Rías Altas.

Fonte: https://www.pinterest.es/pin/321866704622045332/

San Andrés de Teixido

Xa sabes o que din: vai de morto quen non foi de vivo. E apostamos moi forte pola segunda opción!

A lenda da capela dos impresionantes cantís de Vixía Herbeira conta que, tal é a importancia de peregrinar á hermida que aquelas e aqueles que non fixeron a romaría de vivos, hana facer cando falezan… convertidos en lagartiña!!

 

Rutas polo interior galego

A nosa costa é xenial, quen o dubida! Pero a xeografía do interior galego non lle queda atrás.

Fonte: https://www.pinterest.es/pin/339247784428178813/

Ruta da Auga

A Terra Chá é unha comarca que quedou nunha especie de chanzo atemporal que a mantén coma unha das grandes esquecidas das recomendacións turísticas en Galicia. 

Este “esquecemento” tamén lle aporta unha vantaxe e é que foi menos agredida pola masificación que sofren as zonas máis coñecidas. Unha das rutas que máis vale a pena facer a pé é o Camiño da Auga de Guitiriz.

 

O Courel

A ver, isto son palabras maiores. Á Serra do Courel é mellor ir dous ou tres días. Por unha banda porque hai ducias de roteiros para facer, moitas tabernas nas que parar e marabillosas pallozas nas que durmir. 

É un dos lugares con máis encanto de todo o noso territorio no que podemos facer un exercicio de memoria histórica xa que conserva a arquitectura tradicional da zona: as pallozas.

Fonte: https://www.pinterest.es/pin/604115737517480110/

Canón do Sil

Non por moi coñecida deixa de ser abraiante a Ribeira Sacra. A ruta do Canón do Sil pode facerse de moitos xeitos, mais facela en catamarán se o tempo acompaña é unha das máis apetecibles. 

 

Puxémosche dificil a escolla ou xa tes máis claro a onde vas ir de vacacións a vindeira semana?