Os postres de verán son dos nosos favoritos. Teñen un sabor especial que ten que ver cos mellores recordos e arrecenden a bos momentos coa familia e os amigos. Esta torta de doce de leite non vai quedar no olvido cando a provedes, xa veredes.
Receitas con doce de leite
Dende que vos ensinamos a facer este riquísimo doce de leite caseiro, fostes moitos e moitas as que nos pedistes receitas para poñelo en práctica e iremos cumplindo os vosos desexos con moito gusto, comezando por esta torta fría que tan ben vai acompañarvos na sobremesas deste verán.
Receita de torta de doce de leite
Ingredientes:
- 100 gr de galletas tipo María
- 60 gr de manteiga derretida
- 300 gr de queixo crema
- 300 ml de nata
- 150 gr de doce de leite
- 1 sobre de xelatina neutra en pó
- 2040 ml de leite enteiro
- 115 gr de azucre
- 1 cullerada de esencia de vainilla
Pasos da preparación:
- Trituramos ben as galletas ou nunha picadora ou cun pano e un rodillo ata que queden coma unha areíña.
- Nun recipiente de cristal misturamos as galletas coa manteiga removendo ben. Agora teremos coma unha pasta que, cun papel de cociña na base, colocaremos no molde que vaiamos empregar cubrindo toda a base ben apretando a nosa mistura contra o fondo.
- Imos agora co segundo piso da nosa torta, o do recheo.
Nunha pota poremos a nata, o queixo crema, o azucre e a vainilla e, a lume baixo iremos removendo moi ben ata que se integren de todo. Cando estea todo ben misturado, pasaremos a quentar o leite e engadirlle a xelatina segundo as instruccións do fabricante.
- Engadimos o leite coa xelatina á nosa mezcla a lume baixo e cociñaremos sen deixar de remover durante 3 minutos. Agora engadimos o doce de leite e deixámolo repousar durante outros 10 minutiños máis para que espese.
- Cando estea temperado, botamos o recheo no molde que ten a base das galletas e levámolo á neveira. Terá que estar unhas 5 horas no frío para podela servir. Cando o vaias facer, podes decorala cun fío de doce de leite, con noces moídas ou deixala tal cal.
Esta torta de doce de leite é o acompañamento perfecto para o café con leite e unha idea xenial para celebrar aniversarios de verán ou festas coas e cos amigos.
Contádenos como vos sae e, se nos enviades fotos, haberá premio.