Despois da Munheira de Chantada de Verto, Por última vez dos Ataque Escampe, Xuntos de Familia Caamagno e O Tren de Ale, a reinterpretación de Radio Océano é a achega deste mes de abril a Puro Deleite.
A mítica banda de culto coruñesa, liderada por Xosé Manuel Pereiro, é unha das maiores referencias musicas dunha etapa marcada pola gran cantidades de grupos procedentes de Vigo. Un único LP publicado na década dos oitenta (‘Nin falta que fai’, 1986), bastoulles para deixar unha selo inconfundible na cultura pop galega. Inspirados por bandas como The Clash ou Joy Division, apareceron cun son fresco coas guitarras e as letras cheas de ironía por bandeira.
Nesta ocasión, a canción obxecto de reinterpretación é “Miña terra galega”, o clásico atemporal de Siniestro Total. A versión conta cunha letra actualizada que non perde para nada a retranca e a nostalxia que caracterizan á orixinal. As guitarras afiadas e un reparto privilexiado nas voces, que contan coa presenza de Julián Hernández, Antón Reixa e Antón Losada, fan que a canción adquira un aire escuro que recorda o son post-punk dos coruñeses.
A portada do single é obra de Leo Bouza e o videoclip correu a cargo de Xaime Miranda (que participa por segunda vez no recompilatorio).
Esta nova achega é a quinta da iniciativa Puro Deleite, que presentará un novo tema de xeito mensual ata final de ano, cando se editará un disco completo.