Novas

Que son as vacas A2A2?

Manuel Rivas falaba de un millón de vacas para titular un dos seus libros máis aplaudidos. Aquel no que Dosinda, unha vella cega, muxía a súa única vaca, a Moura, antes do mencer. Só podía muxila ela porque, se alguén que non fose Dosinda se atrevía a facelo, os tetos de Moura quedaban secos. 

“A primeira luz do día era o caldeiro de leite que a cega sacaba da corte”, remataba Rivas un parágrafo máxico que resume, de xeito emocionante, a importancia do traballo da gandeiría en Galicia. 

É posible que, nalgún momento, houbese en Galicia máis vacas que habitantes. Aquí sempre foron importantes. As vacas e o leite. Coidamos ao animal con aloumiños e o mellor pasto para que o primeiro grolo de leite da mañá deixe esa sensación reconfortante que fai que todo no corpo, e na mente, funcione. 

Xa sabías que a raza autóctona galega é a Rubia, que aquí conviven distintas razas de todo o mundo, pero estabs ao tanto de que que hai vacas que producen leite con distintas proteínas? Sabes que son as vacas A2A2?

unnamed (23)

As vacas A2A2

Hai miles de anos, as vacas producían unicamente a proteína A2. Co paso do tempo, debido a unha mutación celular producida en Europa, as vacas comezaron a producir a proteína Beta Caseína A1. Estas vacas producen máis cantidade de leite e isto provocou que, pola súa rendabilidade, o produto con este tipo de proteína copase o mercado a nivel mundial. 

Actualmente a meirande parte das vacas teñen proteína A1, en moitos casos polo cruzamento con touros A1. Aínda que razas como Jersey, Pardo Suizo ou Rubia galega, así como as africanas Gyr ou Rathi aínda teñen frecuentemente a proteína A2. Para que o leite teña esta proteína debe estar producida por gando que teña dúas copias do xene A2A2, polo que tanto o touro como a vaca deben ter esas dúas copias do xene.

unnamed (25)-1

Os beneficios do leite A2

Recentes estudos demostraron que a proteína A2 que producen estas vacas ten propiedades máis saudables que a Beta Caseina A1: mellora a dixestión e o procesamento xeral do lácteo. 

Hoxe Deleite aposta polas vacas A2A2, as vacas que che coidan, que dan o mellor leite, ese que tomas a primeira hora da mañá e se converte “na primeira luz do día”.