Novas

Premio Deleite á promoción da lingua

Written by A | Mar 7, 2022 10:16:43 AM

O pasado venres, o programa DígochoEu da CRTVG recibiu o ‘Premio Deleite á promoción da lingua’ no encontro dos finalistas da vixésima edición dos premios Mestre Mateo

É a primeira vez que Deleite entrega este galardón e os motivos radican na labor de aumentar e perfeccionar o emprego do galego. Recoñécese deste xeito o mérito do programa presentado por Esther Estévez, unha iniciativa cun formato audiovisual moi orixinal e que, hoxe en día, conta cun imparable crecemento nas redes sociais. 

Este encontro dos finalistas supuxo a entrada na recta final da carreira polos premios Mestre Mateo 2022. A gran noite do audiovisual galego, onde Deleite tamén estará presente, terá lugar o 19 de marzo no recinto ExpoCoruña e poderase ver en directo na Televisión de Galicia.