marzo 07, 2022
É a primeira vez que Deleite entrega este galardón e os motivos radican na labor de aumentar e perfeccionar o emprego do galego. Recoñécese deste xeito o mérito do programa presentado por Esther Estévez, unha iniciativa cun formato audiovisual moi orixinal e que, hoxe en día, conta cun imparable crecemento nas redes sociais.
Este encontro dos finalistas supuxo a entrada na recta final da carreira polos premios Mestre Mateo 2022. A gran noite do audiovisual galego, onde Deleite tamén estará presente, terá lugar o 19 de marzo no recinto ExpoCoruña e poderase ver en directo na Televisión de Galicia.