O Exipto de Cleopatra e a beleza
É coñecido por todas e todos nós a imaxe de Cleopatra como referente de beleza. A imaxe, ata certo punto excéntrica e superficial da monarca, foi moi alimentada no seu momento polo seu inimigo político Octavio, quen rematou por derrotala na batalla polo dominio do Imperio exipcio engadindo este territorio como provincia a Roma e provocando o suicidio da raíña.
Os antiguos exipcios rendíanlle culto á beleza. Eran unha sociedade extremadamente preocupada pola hixiene e a apariencia.
O coidado da estética ía dende a vestimenta á musculatura. Son amplamente coñecidos as ducias de ungüentos que tanto elas coma eles empregaban a diario. Moitos tiñan funcións repeledoras de insectos ou antisépticas, mais todos os produtos tiñan tamén unha finalidade estética. No Antigo Exipto pintaban os ollos a diario, gastaban extensións de cabelo e depilaban o corpo nun ideal de beleza realmente moi semellante ao actual.
Cleopatra e os baños en leite
Neste contexto que comentamos de grande aprezo pola proxección estética, a alta nobreza sobresaía, por suposto. Non só gastaban os mellores liños se non que tiñan rituais de beleza moi excéntricos para a época (lémbravos a algo que coñezades?). Aquí é onde entra o mito de Cleopatra e os baños en leite.
Tense cuestionado se isto forma parte do mito ou da realidade para chegar á conclusión recente de que non é unha práctica nada descabelada para unha monarca. É máis, a día de hoxe moita da alta cosmética que se emprega ten como compoñente o leite.
Beneficios cosméticos do leite:
- Retrasa o envellecemento da pel
O leite ten vitamina A e C que actúan directamente na protección e hidratación da pel.
- Ten efectos reparadores:
No caso de queimaduras, sequedade e irritación da pel, os nutrientes do leite actúan como reparadores naturáis corrixindo, calmando e hidratando as zonas afectadas.
- Ten propiedades antibacterianas
No caso do acné ou das picaduras é un antibacteriano efectivo que axuda a desinfectar os posibles focos de infección.
Como vedes, o leite fainos ben en todo. E se aínda por enriba nos pon máis guapas e guapos, longa vida a Cleopatra, socializadora deste invento cosmético tan xenial.