Novas

Polos de chocolate con Deleite

Written by A | Sep 6, 2022 11:13:00 AM

Aínda vai calor e apetecen os xelados. Imos facer uns polos de chocolate con leite que, de tan doados e tan bos, quererás seguilos tomando mesmo cando comece a neve.

Receita de polos de chocolate con leite

Estes xelados caseiros van levarte de volta á infancia máis feliz na que tomabamos aqueles xelados Milky sen máis preocupación que non perdermos aos tazos cos amigos.

INGREDIENTES:

🔹Unha tableta de chocolate para postres

🔸50 ml de Deleite

🔹200 ml de nata para montar

🔸15 g de fariña de millo

 

Cómo facer polos de chocolate con leite:

  1. Pon a quentar nun cazo a lume baixo a nata e vaille engadindo o chocolate en anacos. Revolve todo ben ata que o chocolate funda.
  2. Agora disolve a fariña de millo no leite a temperatura ambiente. Cando estea ben disolta, bota  amistura no cazo co chocolate e revolve ata que espese un chisco.
  3. Coa axuda dun coador, elimina os posibles grumos que poidan quedar. 
  4. Volve poñer a mezcla nun cazo ou nun bol e vai removendo de cando en cando. Podes botarlle un chisquiño de sal para realzar o sabor do chocolate. Quedan moi bos co sal, mais sen el tamén che gustarán moito.
  5. Cando estea temprada, bota a mistura nos moldes para polos que prefiras e mete ao conxelador.

Déixaos arrefriar dunhas 2 a 3 horas e xa poderás desfrutar dos teus polos caseiros de chocolate con leite. Nada máis bo e máis sinxelo para grandes e pequenos.