Temos gañadores dos calcetíns de Nadal

O sorteo dos calcetíns de Nadal con deseños inspirados no mundo do leite, creados polo ilustrador David Sierra para Deleite, foi un éxito rotundo. Foron centos as...
O sorteo dos calcetíns de Nadal con deseños inspirados no mundo do leite, creados polo ilustrador David Sierra para Deleite, foi un éxito rotundo. Foron centos as...
Do días 10 a 15 de decembro da pasada semana tivo lugar en Pontevedra a novena edición do festival Novos Cinemas-Festival Internacional de Cinema. Un proxecto que ten...
Este domingo, o auditorio do Culturgal foi o escenario da presentación de Bibopalula, a primeira serie musical de animación en galego, á que asistiron preto de 300 persoas. O evento xerou gran expectación, especialmente por coñecer a opinión dun público tan esixente como o das nenas e nenos menores de 6 anos, cuxas reaccións foron moi positivas.
A presentación correu a cargo de Xosé A. Touriñán, quen ademais de ser produtor executivo, presta a súa voz a Pombo Mensaxeiro, un dos personaxes principais da serie. Touriñán expresou a súa satisfacción por facer realidade un proxecto tan necesario, especialmente nun momento no que os máis pequenos necesitan contidos de calidade na nosa lingua.
Por outra banda, María Sabucedo Santos, directora de AGalega.gal e Xabarin.gal, aproveitou a ocasión para animar a todo o mundo a descargar as aplicacións do Xabarín, onde se pode acceder a contidos en galego adaptados a diferentes idades.
Ao longo desta 17ª edición do Culturgal, Bibopalula contou cun stand para achegarse ás familias, presentando os seus personaxes e cancións. Ademais, nos vindeiros días lanzarán un canal de YouTube coas cancións da serie, convidando a todos a cantar e bailar ao son da Banda do Bosque. Desde o pasado venres 27, os episodios están dispoñibles en Xabarin.gal e nas aplicacións do Xabarín para dispositivos iOS, Android e televisores intelixentes.
A nosa querida mascota, Deleitiña, tamén quixo estar presente no evento, mostrando o apoio de Deleite Galego a este proxecto tan agardado do audiovisual galego.
Esta semana tivemos unha nova ‘deleitura’ nas nosas redes sociais. Puxemos en marcha o sorteo de seis exemplares da obra Tres irmáns, a última novela publicada por Carlos Meixide. O sorteo foi un novo éxito e rexistramos centos de participacións, o que demostra unha vez máis que a #XenteDeleite está ben interesada na literatura galega.
A semana pasada, desde as contas oficiais de Deleite, iniciamos o sorteo de seis exemplares da obra Tras do Ceo, o máis recente traballo de Manuel Rivas, publicado por ...
Esta semana ten lugar en Vigo oHematofesti. Un festival que vive a súa primeira edición coa intención de homenaxear a Miguel Ángel López González, máis coñecido como o ...
Do 6 ao 10 de novembro terá lugar en Vigo a primeira edición do Hematofesti. Deleite estará presente neste recoñecemento a unha figura fundamental da nosa cultura nos...
O vindeiro sábado 26 de outubro terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela a décima edición do LGx15, un proxecto que busca a difusión de ideas para o...
Hai uns días puxemos en marcha o sorteo do libro de receitas 'A carón do lume'(Editorial Galaxia) e a participación foi moi elevada por parte dos nosos seguidores nas...
Este sábado temos unha cita das importantes. A zoqueira Elena Ferro festexa unha foliada no seu obradoiro e, en Deleite, non podiamos faltar.A festa terá lugar en Merza,...
Esta fin de semana regresa a Vilaxoán (Vilagarcía) o Festival Revenidas, que celebra a súa vixésima edición e na que un ano máis Deleite non podía deixar de estar...