Esta semana tivemos unha nova ‘deleitura’ nas nosas redes sociais. Puxemos en marcha o sorteo de seis exemplares da obra Tres irmáns, a última novela publicada por Carlos Meixide. O sorteo foi un novo éxito e rexistramos centos de participacións, o que demostra unha vez máis que a #XenteDeleite está ben interesada na literatura galega.
Tres irmáns é unha novela de aventuras de lectura engaiolante, con alento clásico e personaxes inesquecibles, que nos fala da perda da inocencia, do descubrimento da fraternidade e do fermoso soño da liberdade. Un gran traballo de Carlos Meixide, polo que lle damos os parabéns e agradecemos a súa boa disposición para a realización deste sorteo.
As seis persoas afortunadas foron as seguintes:
🔹En Facebook gañaron Daniel Amez Castro e Mari Carmen Caamaño.
🔹En X (Twitter) as novelas son para @ByMorYruleSs e @Miss_Traine.
🔹E en Instagram tiveron sorte @belen.chinha e @soninha_88.
As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais nas que resultaron gañadoras para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) e, deste xeito, recibiren o seu premio.
E moita atención… Que o Nadal está a chegar e vai vir cargadiño de sorpresas en Deleite!