Sabedes de hai moitos anos que consumir leite, en xeral, é un hábito saudable. Os beneficios que aporta ao organismo son esenciais: é unha fonte de enerxía, fortalece os ósos, regula a presión arterial, aumenta a masa muscular… Pero, cales son en concreto os beneficios do leite A2?
O primeiro beneficio do leite A2 é que é o tipo de leite máis san e puro. ¿Sabíades que, polas súas propiedades, compárase co leite materno? Vexamos outros dos moitos beneficios que nos proporciona este tipo de leite:
● Ao consumir máis ácedos graxos omega-3 como os do leite A2, podedes reducir potencialmente os vosos niveis de colesterol.
● O leite de vaca A2 é unha rica fonte de minerais como calcio, potasio ou fósforo que son necesarios para ósos e dentes fortes. Tamén para o mellor funcionamento dos músculos.
Consumir leite A2 é o xeito máis puro de consumir leite. Esa proteína orixinal fará que todo o voso corpo funcione coma un reloxo.