Novas

Os 101 primeiros programas de Café Derby 21

Written by Deleite Galego | Feb 9, 2024 8:51:35 AM

O programa Café Derby 21 foi creado polos xornalistas Nico Carreira, Carme D. Prol e Adrián Lede, naceu en 2020 como un espazo novo e moderno de tertulia cultural con persoas relevantes deste ámbito en Galicia e hoxe é un dos podcast en galego máis escoitado.

 

O programa chegou á emisión número 100 entrevistando á futbolista Vero Boquete. E esta semana estrou o seu último número, o 101, cunha conversa ben divertida cunha das bandas de moda da escena galega: The Rapants.

Xa pasaron por estas conversas personalidades como Xosé Berta Dávila, Carolina Iglesias, Tanxugueiras, Ismael Ramos, Lucía Freitas, Araceli Gonda, Xosé A Touriñám, Jaione Camborda, Diego Anido, María Vázquez ou Yolanda Castaño. Un panel de convidados e convidadas diverso no que tamén hai un oco especial para talentos novos  como Lucía Estévez, Miguel Canalejo, Sara Seco, Mondra ou David Fidalgo.

O podcast conta co apoio de Deleite e nestes últimos anos lograron introducirse no circuito de festivais e eventos culturais de Galicia, un fito pioneiro para un programa de podcast. Realizaron programas en directo en festivais como o Curtocircuíto, FIV de Vilalba, Culturgal, FIC de Bueu ou o Carballo Interplay. 

Se aínda non o escoitaches, non tardes en dárlle unha oportunidade! 😊