Azucre é a primeira incursión na novela da coruñesa Bibiana Candia, editada en galego por Kalandraka, e con ilustracións de Xosé Cobas. Nela fálanos da Galicia de mediados do século XIX, un país está asolado pola fame e a enfermidade, onde única saída para os mozos era a emigración. Orestes Veiga, inxenuos pero cargado de ilusión, acabará marchando a Cuba onde traballará nos campos de azucre.
Na pasada semana activamos o sorteo deste último traballo de Bibiana, e foron moitos os usuarios das nosas redes que se decidiron a participar, algo que agradecemos e que nos empurra a continuar agasallando novas “deleituras” á #XenteDeleite en máis ocasións.
Sorteamos seis exemplares desta novela nas principais redes sociais e estas son as persoas afortunadas:
En Facebook as gañadoras son Natalia Feijoo Gómez e Diana Freita Alvite.
En Twitter a fortuna sorriu a @xosegalego e @davidgz__.
E en Instagram o premio vai para @mary_g_pena e @angela.de.castro.
As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibiren o seu premio.
Permanece atentas ás nosas redes porque pronto presentaremos novos premios que agardamos que vos gusten tanto coma este!