Novas

O sorteo da última novela de Ledicia Costas ten afortunados

Written by Deleite Galego | May 2, 2024 6:51:25 AM


A semana pasada foi semana de sorteo de #Deleituras nas redes sociais. O libro escollido desta volta foi ‘Pel de cordeiro’, o último traballo de Ledicia Costas, editado por Xerais e que chega as librarías estas semanas.

A #XenteDeleite, sempre atenta, respondeu rexistrando milleiros de participacións. Toca por tanto mostrar a nosa gratitude a todos os seguidores que sempre xogan nas actividades que propoñemos nas nosas contas.

En ‘Pel de cordeiro’, Ledicia Costas afonda no espertar sexual, na violencia e na maxia con grandes doses de fantasía. Trátase dunha novela hipnótica, que explora o erotismo e a escuridade e e nos envolve nunha atmosfera tan terrible como preciosa.

O sorteo, que tivo lugar en Facebook, Instagram e Twitter, finalizou hoxe día 2 e as persoas afortunadas cos 6 exemplares son:

En Facebook, as novelas son para Amelia Rodriguez Vega e Ursula Fernandez.

En Instagram, a sorte estivo do lado de @adriferre_ons e @bearguez.

E en Twitter, o azar acompañou a @PatriziaF2 e @SertalC.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto con nós a través de mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) e, deste xeito, poderán recibir o seu libro.

Por outra banda, aproveitamos para comentar que estamos a argallar novos sorteos e que agardamos que vos gusten tanto coma este... Polo tanto, non perdades ollo ás nosas redes! 💙😊