Novas

O filme ‘Sica’, última achega de Deleite ao cinema

Written by Deleite Galego | May 22, 2023 9:41:00 PM

O pasado 19 de maio estreábase en 25 cinemas galegos Sica. O filme dirixido por Carla Subirana narra a historia de Sica (Thais García), unha rapaza que está obsesionada con que o mar da Costa da Morte lle devolva o corpo dos seus pais tras un naufraxio. Mentres percorre a costa, coñece a Suso (Marco Antonio Florido), un rapaz raro coma ela que espera a chegada de Ofelia, a nai de todas as tormentas. Sica investiga as circunstancias do accidente e adéntrase nunha dura viaxe de descubrimento. Aos seus ollos, a vila mariñeira onde ela medrou, marcado pola brutalidade do seu océano e o crecente desequilibrio da natureza, endexamais será o mesmo. 



Conta Carla Subirana que unha das grandes protagonistas da película é a natureza. O vento, o mar, as ondas, etc. Os personaxes móstranse pequenos fronte á súa inmensidade e temerosos ante a chegada do furacán Ofelia. 

A película tivo a súa preestrea oficial en Carballo, despois de pasar polos festivais de Berlín e Málaga. No evento participaron unhas 250 persoas, moitas delas colaboradoras da película, como veciños de Costa da Morte que fixeron de figurantes interpretándose a eles mesmos. Tamén estivo presente a directora, a actriz Núria Prims, os actores adolescentes que a acompañan no elenco e o produtor Xavier Font.

Deleite non quixo perder a oportunidade de apoiar, unha vez máis, o noso audiovisual.