maio 22, 2023
Conta Carla Subirana que unha das grandes protagonistas da película é a natureza. O vento, o mar, as ondas, etc. Os personaxes móstranse pequenos fronte á súa inmensidade e temerosos ante a chegada do furacán Ofelia.
A película tivo a súa preestrea oficial en Carballo, despois de pasar polos festivais de Berlín e Málaga. No evento participaron unhas 250 persoas, moitas delas colaboradoras da película, como veciños de Costa da Morte que fixeron de figurantes interpretándose a eles mesmos. Tamén estivo presente a directora, a actriz Núria Prims, os actores adolescentes que a acompañan no elenco e o produtor Xavier Font.
Deleite non quixo perder a oportunidade de apoiar, unha vez máis, o noso audiovisual.