Novas

O EmigraSON volve demostrar que a música galega non entende de fronteiras

O Festival EmigraSON celebrou a súa terceira edición a pasada fin de semana na sala La Madeleine de Bruxelas, consolidándose como un referente na difusión da música e cultura galegas no corazón de Europa. Organizado pola mocidade galega emigrada en Bélxica, o evento reuniu a máis de mil asistentes de diversas idades e nacionalidades, destacando a presenza de galegos procedentes de máis de quince países.

Festival EmigraSON 2025 Tanxugueiras Fillas de Cassandra Terbutalina De Ninghures Bruselas Bruxelas 2Catro grupos galegos fixeron desfrutar ao milleiro de espectadores presentes na sala / Foto: @vazquez_varela

O cartel deste ano contou con actuacións de grupos tan relevantes como Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, Terbutalina e De Ninghures, que fixeron vibrar ao público cunha mestura de emoción e diversión.

Como patrocinador oficial do festival, Deleite reafirmou o seu compromiso coa promoción da cultura galega máis aló das nosas fronteiras. Para esta edición, a marca volveu organizar un sorteo en redes sociais cun premio moi especial: unha viaxe para dúas persoas a Bruxelas con todos os gastos pagos, incluíndo entradas para o festival e actividades complementarias na cidade.

As afortunadas gañadoras do sorteo foron Carme e Cris, dúas amigas que non dubidaron en embarcarse nesta aventura. Durante a súa estancia, tiveron a oportunidade de gozar dos concertos, participar nas actividades culturais organizadas polo festival e descubrir os encantos de Bruxelas. Ambas coincidiron en describir a experiencia como "inesquecible" e agradeceron a Deleite por facer posible esta viaxe.

Festival EmigraSON 2025 Tanxugueiras Fillas de Cassandra Terbutalina De Ninghures Bruselas Bruxelas 4Carme e Cris viviron a experiencia do EmigraSON cos artistas, xornalistas e creadores de contido. / Foto: @vazquez_varela

O éxito desta edición do EmigraSON reflicte o crecemento e a proxección da música galega a nivel internacional. Iniciativas como esta son fundamentais para manter viva a tradición e adaptala aos novos tempos, levando o mellor de Galicia a todos os recunchos do mundo.

Festival EmigraSON 2025 Tanxugueiras Fillas de Cassandra Terbutalina De Ninghures Bruselas Bruxelas 5Abriron De Ninghures, despois foi quenda de Fillas de Cassandra e Tanxugueiras para rematar con Terbutalina / Foto: @vazquez_varela

Desde Deleite Galego, felicitamos á organización polo éxito do evento e expresamos o noso desexo de seguir colaborando nos próximos anos para que un festival tan especial continúe celebrándose.