Cantas calorías se gastan no estudo?
O traballo intelectual está falsamente asociado a non gastar calorías, algo paradóxico se pensamos en que non nos resulta difícil entender que consumimos moita enerxía mentres estudamos ou facemos un traballo académico. Pois queimar enerxía e queimar calorías, é exactamente o mesmo.
Durante o estudo ou a realización de traballos, o noso cerebro enfróntase á resolución activa e creativa de problemas, o cal supón moito gasto de enerxía. O mesmo ocorre coa concentración. Durante o tempo no que estamos comprendendo e memorizando información, o noso cerebro fai conexións neuronáis máis rápidas e demanda moita carga de enerxía.
A resolución de problemas abstractos aumenta as necesidades metabólicas do cerebro ata un 50% do que precisa estando en repouso.
Calcúlase que, nunha hora de estudo, o cerebro fai un gasto enerxético de 147 Kcal
Merendar ben para render no estudo
Habitualmente, a tarde é o momento do día que máis tempo lle adicamos ao estudo.
Tan importante coma un bo método é facer descansos e alimentarse correctamente para potenciar o noso rendemento.
O leite é un alimento ideal para os traballos de estudo xa que contén altas cantidades de ácidos graxos, fundamentáis para o correcto funcionamento cognitivo.
Xa ves que é moi importante satisfacer ben de proteínas e nutrientes ao cerebro para obter un bo rendemento logo… que tal se lle tiras partido a esta receita de batido de amorodo? Leite e froita, a combinación gañadora dos súperalimentos!