As mochilas de pel creadas por Elena Ferro causaron sensación nas redes sociais de Deleite durante toda a semana pasada. Cóntanse por milleiros as participacións que recibimos e queremos agradecer á comunidade #XenteDeleite que sempre estea tan atenta as actividades que propoñemos!
O sorteo, activo nas nosas contas oficias de Facebook, Instagram e Twitter, chega ao seu fin e estes son os nomes das persoas afortunadas:
En Facebook a sorte sorriu a Raquel Cabanas Vellón e Sonia Carrera Mosquera.
En Twitter as mochilas de Eferro serán para @andressanchez9 e @patmas16.
E en Instagram as gañadoras son @rebefoz e @niialeira.
As persoas afortunadas terán que contactar connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) e, deste xeito, recibiren o seu premio.
E ollo... Estes días recibimos varias mensaxes de usuarios advertíndonos que hai perfís falsos facéndose pasar por Deleite Galego. Estes perfís nada teñen que ver con nós e xa foron denunciados. Pedimos que non se lles faciliten datos e remarcamos que as únicas persoas afortunadas son as que aparecen anteriormente mencionadas.
Agardamos que continuedes atentas ás nosas redes sociais, porque proximanete traeremos outros premios que agardemos que vos guste tanto coma este!
Deleite, algo máis que o leite galego de calidade.