Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro a adaptación da exitosa obra sobre a historia do narcotráfico en Galicia. Nesta xira que conta co patrocinio de Deleite, o espectáculo dirixido por Tito Asorey continúa esgotando entradas na maioría das funcións programadas. O 14 e 15 de maio aterra no Teatro Afundación de Vigo e estes días estivemos sorteando entradas nas nosas redes sociais.
Sorteamos tres entradas dobres para cada día e estes son os gañadores:
O sábado 14 as persoas afortunadas son Lucia Martinez Portela (en Facebook), @Grandio_JF (en Twitter) e @miriam.odo (en Instagram).
O domingo 15 as persoas afortunadas son Dario Rodríguez González (en Facebook), @AndreaLagoo10 (en Twitter) e @julianccff (en Instagram).
As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais cos seus datos (nome completo, DNI, e-mail e número de teléfono) para recibiren as súas entradas.
E moito ollo... Estes días recibimos varias mensaxes de usuarios advertíndonos que hai perfís falsos facéndose pasar por Deleite Galego. Estes perfís nada teñen que ver con nós e xa foron denunciados. Pedimos que non se lles faciliten datos e remarcamos que as únicas persoas afortunadas son as que aparecen anteriormente mencionadas.
Permanecede atentos ás nosas redes sociais, porque nos proximamente traeremos outros premios que agardemos que vos guste tanto coma este!
Deleite, algo máis que o leite galego de calidade.