Novas

Gaña unha viaxe ao EmigraSON de Bruxelas con Deleite

Written by Deleite Galego | Jan 11, 2025 11:14:26 AM

En Deleite perdemos a cabeza. Estes días anunciamos que, noutra aposta pola cultura galega, continuamos como colaboradores do EmigraSON, o festival galego no estranxeiro que se celebra en Bruxelas… Pero queremos ir máis alá!


Dámoslle a posibilidade á #XenteDeleite de que poida gozar deste festival único e por iso poñemos en marcha un sorteo nas nosas redes sociais (Facebook, Instagram e X) para levar dúas persoas a vivir a experiencia en directo con todo incluído.

Nesta terceira edición do festival, que terá lugar os días 21 e 22 de febreiro, o cartel do EmigraSON compóñeno Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, Terbutalina e De Ninghures.

A persoa afortunada no sorteo gañará como premio unha entrada dobre para o festival, unha entrada dobre para os eventos que o festival organiza na cidade o día anterior, unha viaxe dobre a Bruxelas en avión desde Galicia, o aloxamento no hotel así como os traslados dende o aeroporto. O sorteo iníciase hoxe e finalizará o día 21 de xaneiro, cando se publicará o/a gañador/a nesta mesma páxina web. Para participar chega con seguir as normas publicadas nas nosas contas oficiais en cada rede social.

O EmigraSON é un festival aínda novo, pero moi especial. Na organización están rapaces e rapazas que por traballo marcharon de Galicia, pero que grazas á súa paixón pola nosa música uniron esforzos para levar a cabo un evento único. Queren achegar Galicia aos seus veciños no corazón de Europa así como xerar un espazo de reunión de todos os galegos que por alá andan. É iniciativa autoxestionada e sen ánimo de lucro que ben merece todo o noso apoio.


Podes consultar toda a información e as bases legais aquí.