Este ano dende Deleite queremos festexar o #DíaDaPoesía dun xeito especial. Para isto non hai mellor maneira que agasallar ás bibliotecas escolares que nolo soliciten con exemplares de dous dos gañadores da última edición do Premio Arume de poesía para a infancia.
Estas dúas publicacións son:
O Premio Arume de poesía para a infancia foi creado por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil e tivo a súa primeira edición hai xa vinte anos. Deleite, xunto con GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e coa Fundación Xosé Neira Vilas, non quixo perder a oportunidade de apoiar uns premios que fomentan dun xeito formidable a literatura adicada aos máis cativos.
As direccións dos centros interesados só teñen que poñerse en contacto durante esta semana a través do correo deleituras@leitenoso.gal.
As bibliotecas escolares teñen de prazo ata o venres 24 de marzo para solicitalos, xa que nesa data será cando comecemos a facer os envíos.