marzo 21, 2023
Estas dúas publicacións son:
- Violeta Parapluie e otras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga. Nel podemos atopar personaxes excéntricos, estrafalarios, orixinais e encantadores que enchen as páxinas dunha historia diverida e provocadora.
- A flor da letra é o primeiro poemario infantil de Manuel López Rodríguez e Nuria Díaz.
O Premio Arume de poesía para a infancia foi creado por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil e tivo a súa primeira edición hai xa vinte anos. Deleite, xunto con GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e coa Fundación Xosé Neira Vilas, non quixo perder a oportunidade de apoiar uns premios que fomentan dun xeito formidable a literatura adicada aos máis cativos.
As direccións dos centros interesados só teñen que poñerse en contacto durante esta semana a través do correo deleituras@leitenoso.gal.
As bibliotecas escolares teñen de prazo ata o venres 24 de marzo para solicitalos, xa que nesa data será cando comecemos a facer os envíos.