Hai uns días activamos o sorteo de seis mochilas de pel creadas por Elena Ferro, que causaron furor entre a #XenteDeleite. Recibimos milleiros participacións e queremos agradecer a todos os seguidores de Deleite que nunca fallen nas actividades e xogos que organizamos nas nosas redes. E tamén queremos dar as grazas á propia Elena Ferro, que sempre se anima a enredarse en todo o que lle propoñemos!
O sorteo, activo en Facebook, Instagram e Twitter, chega hoxe á súa fin e as persoas afortunadas son:
En Facebook as afortunadas son Mónica Vea Vázquez e Alma Parapar Carreja.
En Twitter a sorte sorriu a @mar_celanova e @omtesouro.
E en Instagram os premios van para @mjlens11 e @lugumou.
As persoas gañadoras terán que contactar connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) e, deste xeito, recibiren o seu premio.
E moito ollo... Estes días recibimos varias mensaxes de usuarios advertíndonos que hai perfís falsos facéndose pasar por Deleite Galego. Estes perfís nada teñen que ver con nós e xa foron denunciados. Pedimos que non se lles faciliten datos e remarcamos que as únicas persoas afortunadas son as que aparecen anteriormente mencionadas.
Por último, dicir que estamos preparando outros grandes sorteos nas nosas contas... Polo que prestade moita atención! 💙😊