Novas

Deleituras para máis de 100 bibliotecas

A iniciativa de Deleite Galego para o #DíaDaPoesía foi todo un éxito. Máis dunha centena de centros escolares e bibliotecas interesáronse nos exemplares obxecto de agasallo.

0000

Violeta Parapluie e outras historias da xente de Ramón D. Veiga e A flor da letra Manuel López Rodríguez e Nuria Díaz foron as escollas de Deleite para festexar un día tan especial.

Ambas obras foron gañadoras do Premio Arume de poesía para a infancia no que Deleite, xunto con GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e coa Fundación Xosé Neira Vilas, busca apoiar a poesía adicada aos máis cativos.

Dende Deleite agradecemos o interese de todos os centros e bibliotecas e agardamos que eses libros cheguen ao maior número de nenos e nenas posible e non dubidamos en continuar con proxectos e iniciativas.