Novas

Deleite recibe o Bacelos de Prata polo seu compromiso coa lingua galega

Os Premios Bacelos de Prata, impulsados pola Asociación Álvaro das Casas e o Foro Enrique Peinador, teñen por obxectivo premiar a aquelas empresas que cun firme compromiso coa lingua galega.

Deleite Leite Noso premio Bacelo de Prato

Os galardóns, que este ano chegan á súa décimo quinta edición, deron a coñecer os gañadores do 2023. O xurado, reunido como é habitual no Pazos dos Ulloa, en Esposende-Ribadavia, acordou conceder o Bacelos de Prata á sociedade de gandeiros galegos Leite Noso, que comercializa a marca Deleite e Muu.

A organización do certame quixo destacar que Deleite "aporta unha ampla visibilidade á lingua galega" ao estar presente nos grandes centros e canles de distribución, así como o desenvolvemento constante de actividades a prol da cultura, a literatura, as artes, o cinema ou a música "considerando que son parte fundamental da idiosincrasia galega".

A gala dos Bacelos de Prata 2023 terá lugar o vindeiro día 7 de outubro en Ribadavia. Tamén será recoñecido o traballo coa lingua que fai a Adega Tapias Mariñán, á que queremos aproveitar para parabenizar.

Dende Leite Noso queremos indicar que será unha honra poder recoller este recoñecemento.