xaneiro 20, 2022
Os podcasts chegaron para quedar e na actualidade son un formato cun gran número de ouvintes en pleno crecemento. En Café Derby 21, dirixido polos xornalistas Nicolás Carreira, Carme Domínguez e Adrián Lede, apostan polos contidos en galego e, de xeito semanal, xeran unha tertulia amable e efectiva sobre a cultura en todos os seus eidos.
Por esta “sobremesa cultural e virtual” xa pasaron, entre outros, convidados de renome como Xosé Ramón Gayoso, Carlangas, Carolina Iglesias, Nacho Carretero, Esther Estévez, Manuel Rivas, Sabela ou as Tanxugueiras. O espazo pode escoitarse en iVoox, Spotify e Apple Podcasts, e está presente de xeito activo en Twitter e Instagram.