Novas

Deleite lanza o leite A2

O leite convencional presenta unha combinación de dúas proteínas, a betacaseína A1 e a  betacaseína A2. O leite A2, procedente das vacas A2, está libre da betacaseina A1, o que  proporciona unha dixestión máis confortable, entre outros beneficios.  

A marca galega Deleite, impulsada por gandeiros galegos, acaba de lanzar ao mercado o  leite A2, o mellor leite natural posible, caracterizada por ser máis dixerible que o leite  convencional, entre outros beneficios.  

DELEITE-RRSS-65

O leite A2 considera o leite orixinal, o auténtico e xenuíno. Orixinariamente as vacas só  producían leite A2, do mesmo xeito que o resto de mamíferos: cabra, ovella, camella, búfala  e tamén o leite materno. Foi unha mutación xenética a causante de que a maior parte da  cabana gandeira e, polo tanto, o leite actual, conteñan ademais da betacaseína A2, a betacaseina A1.  

O leite A2 é o leite procedente das vacas A2, seleccionadas naturalmente, sen engadir, nin  quitar nada. As vacas A2 son as vacas que, de forma natural producen leite libre dá  betacaseina A1.  

O leite A2 non é o resultado dun proceso tecnolóxico. Non é: nin un leite funcional, nin un  leite enriquecido. É un leite puro e natural que destaca por conter só proteínas con betacaseína A2. O que fai especial ao leite A2 é a ausencia da betacaseína A1.  

Recente estudos demostraron que a proteína A1 é a verdadeira causante de molestias  dixestivas, problemas gástricos. trastornos dixestivos, malestar estomacal, pesadez e inchazón que moitos achacaban a lactosa. 

Os beneficios do leite A2 complétanse co seu positivo efecto a nivel inmunolóxico, pois se  constatou que o seu consumo reduce os marcadores inflamatorios intestinais, diminúe a  presenza do aminoácido BCM-7, que pode ter efectos adversos na saúde, e aumenta a  produción natural do antioxidante glutatión.

Parte dos problemas de intolerancia ao leite que se asocian normalmente á lactosa, un  azucre presente no leite, débense en realidade á proteína A1. Do 34% de persoas que din  sentir malestar co consumo do leite, unicamente un cinco por cento é intolerante á lactosa. 

Contexto  

Esta será a primeira ocasión en que o leite A2 prodúcese e comercialízase a gran escala en  Galicia e no resto de España, constituíndo tamén un fito a nivel europeo, onde só houbo  ata o momento pequenas experiencias. O leite A2 comezouse a producir e a elaborar hai  uns anos en Nova Zelandia, desde onde se estendeu a outros países como China ou  Australia.

PAISAXE RURAL P B   xurxo lobato 183  

Un leite natural 100% galego  

Como se obtén o leite A2? O leite A2 é producido de maneira natural polas nosas granxas,  que durante os últimos catro anos seleccionaron vacas que producen leite que contén só  a proteína con betacaseína A2. Esta selección dos animais, que se fai cun sinxelo test de  ADN, permítenos garantir que todo o leite comercializado pola marca Deleite é leite A2 e  galega 100%. 

Resumindo:  

  1. DELEITE A2A2 é unha innovación desde o sector produtor 
  2. É un leite novo cunha verdadeira e real VANTAXE DIFERENCIAL, non unha simple  diferenza denominativa e de marketing, buscada comercialmente.  
  3. Non existe ningunha outra marca de fabricante de leite A2 
  4. Non existe marca de distribución con leite A2 
  5. É un leite que senta ben, é facilmente dixerible, non causa problemas gastrointestinais. É, polo tanto, máis saudable 
  6. Ten un mellor sabor natural e maior calidade

unnamed (25)

Sobre Leite Noso  

Leite Noso é unha sociedade impulsada por gandeiros galegos que naceu co obxectivo de  asumir a transformación e comercialización do leite das súas granxas provedoras,  directamente e sen intermediarios. A sociedade iniciou no 2016 a comercialización de leite  coas marchas Deleite e Muuu.

A marca Deleite se posicionou, desde o seu inicio como “marca xusta’ de leite galego de  calidade, destacando o prezo e a estabilidade que a sociedade gandeira proporciónalles ás  súas granxas provedoras, pois na última renovación asinaron contratos para o próximos  tres anos. Esta é a primeira ocasión en que unha marca asina contratos a tan longa duración.  Convén lembrar que Deleite xa fora pioneira na posta en marcha de contratos anuais coas granxas que, por mor da aposta da marca galega, xeneralizáronse tamén posteriormente  entre outras industrias. 

Deleite deixa desde agora de comercializarse como leite convencional, para converterse na  primeira e única marca de leite UHT de Galicia e de España con leite A2. 

Leite Noso está a iniciar estes días en Galicia a comercialización do seu leite A2 e nos  próximas meses estenderá a súa distribución ao resto de España.

5GFDTZL7VBBO3LJMRRSHTJH3NU

Aparicións en prensa

A práctica totalidade dos medios, recolle a nova do revolucionario lanzamento do leite A2.

Así, o portal Campo Galego recolle "como o leite A2 está emerxendo en todo o mundo". 

El Diario: "Gandeiras galegas lanzan ao mercado o primeiro leite A2".

El País: "Gandeiros galegos lanzan a marca de leite A2 que será o futuro do sector".

ABC: "O primeiro leite sen a proteína que causa problemas dixestivos"

EuropaPress: "Leite Noso lanza un leite natural sen a proteína que causa molestias dixestivas"