Novas

Deleite estrea o seu novo anuncio

Written by A | Jun 15, 2022 8:24:40 AM

Esta semana en Deleite presentaba o noso novo spot publicitario. Un anuncio vertebrado sobre unha cuestión fundamental: “Por que cada vez bebemos menos leite?”. Unha pregunta que, durante anos, non tiña resposta. Algo que carecía de sentido, xa que o leite é o alimento máis completo.



Por este motivo, Deleite quixo comenzar coa súa pequena revolución. Unha revolución que non pasaba por unha diferenciación a nivel de marketing, senón por apostar pola innovación co denominado leite A2A2.

O leite A2A2 é o leite producido por vacas que, pola súa xenética natural, non teñen a proteína causante de gran parte dos problemas dixestivos relacionados co consumo de leite. Trátase de vacas seleccionadas naturalmente que producen leite libre da caseína A1. Nos procesos de muxido, diferéncianse as vacas que producen A2A2 das que producen leite coa proteína A1. Non é resultado dun proceso tecnolóxico. Este leite é máis dixestivo, menos reactivo, máis saudable, de mellor calidade e de mellor sabor natural.

O anuncio foi creado por Alegre Roca, a axencia de publicidade liderada por Toni Segarra, único español incluído na lista das top 100 creative minds da revista Shots. A realización do spot correu a cargo de Jairo Iglesias, da man de Ainé Producións.