Novas

Deleite coa nosa música tamén fóra de Galicia

Para Deleite Galego a cultura galega non entende de fronteiras e un ano máis volverá ser patrocinador do festival galego no estranxeiro: o EmigraSON de Bruxelas.

Festival EmigraSon Bruxelas Bélxica Brussels Deleite Galego Música Galega Familia Caamagno, The Rapants, Fillas de Cassandra, Berto, Catuxa Salom, Ataque Escampe, Lontreira, Grande Amore,  Tanxugueiras 1
O EmigraSON é o primeiro festival galego feito por e para a mocidade emigrante en Bruxelas. A iniciativa, organizada polas galegas afincadas na cidade belga, busca levar a música, cultura, tradición e vangarda á capital europea. E é que cando se xuntan os galegos fóra da casa, non tardan moito en argallar unha boa festa.

Na súa primeira edición, Galicia reivindicouse enchendo o corazón da Unión Europea de música galega. Familia Caamagno, The Rapants, Fillas de Cassandra, Berto e Filloas foron os encargados de representar a nosa música. Na edición do ano pasado, Catuxa Salom, Ataque Escampe, Lontreira, Grande Amore e The Rapants puxeron a bailar aos máis de 800 asistentes, entre os que se atopaban dous seguidores da #XenteDeleite que gañaron o sorteo da viaxe para vivir o festival ao vivo.

Festival EmigraSon Bruxelas Bélxica Brussels Deleite Galego Familia Caamagno, The Rapants, Fillas de Cassandra, Berto, Catuxa Salom, Ataque Escampe, Lontreira, Grande Amore,  Tanxugueiras 3
Rock, garage, percusión, indie e pop urbano. Mais tamén folclore, xa que o festival conta cunha xornada dedicada á música tradicional galega e unha sesión de música e oralidade.

Detrás deste proxecto están rapaces que por traballo marcharon de Galicia, pero que pola súa paixón pola música galega se uniron para proxectar o EmigraSON. Buscan achegar Galicia á súa cidade e crear un lugar de encontro para a mocidade galega no estranxeiro, unha iniciativa que xurdiu de forma autoxestionada e sen ánimo de lucro.

Festival EmigraSon Bruxelas Bélxica Brussels Deleite Galego Familia Caamagno, The Rapants, Fillas de Cassandra, Berto, Catuxa Salom, Ataque Escampe, Lontreira, Grande Amore,  Tanxugueiras 2
Para a súa terceira edición, que terá lugar os días 21 e 22 de febreiro, o EmigraSON volve contar co apoio de Deleite. Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, Terbutalina e De Ningures compoñen un cartel de luxo para este 2025.

EmigraSON_cartel_2025_1x1