A crema pasteleira está nun montón de doces, dende os máis tradicionais ao máis modernos. É unha desas receitas que semella moito máis complicada do que é e crédenos cando vos dicimos que non hai comparación entre a caseira e a industrial.
Asique, veña! Collede o mandil que hoxe toca repostaría.
IIngredientes para a crema pasteleira:
500 ml de Leite Enteiro Deleite
2 xemas de ovo
4 culleradas de azucre
3 culleradas de almidón de millo
Unhas gotiñas de esencia de vainilla
Pel de limón
Unha pizca de sal
Cómo facer a crema pasteleira
- Separamos as xemas das claras nun recipiente con coidado de que a clara non se nos xunte ao caer. Podes reservala para facer unha tortilla francesa, por exemplo.
- Nun cazo quentamos o leite sen que chegue a ferver e engadímoslle a esencia da vainilla e a pel do limón.
- Noutro cazo ou nunha pota (un recipiente que se poda poñer ao lume) misturamos as xemas, o almidón e o sal e quentámolos mentres removemos ben. Cando estean integrados, botámoslle o leite sen a pel do limón e mezclámolo todo ben ata que rompa a ferver.
- Retiramos do lume e botamos a nosa crema nun recipiente, preferiblemente de cristal.
- Deixamos arrefriar na neveira e voilá! Xa temos unha deliciosa crema pasteleira caseira para empregar en calquera postre que queiramos.
Postres con crema pasteleira
- Cañas recheas
- Milfollas
- Vasiños de crema e froitas
- Tartaletas
- Tarta de hoxaldre de mazá
- Tronco de nadal
- Filloas recheas
Xa sabes con que te vas dar un capricho esta fin de semana?