Novas

Coñecemos os gañadores dos exemplares de 'Tras do Ceo'

A semana pasada, desde as contas oficiais de Deleite, iniciamos o sorteo de seis exemplares da obra Tras do Ceo, o máis recente traballo de Manuel Rivas, publicado por Xerais. Foron moitas as persoas que participaron, algo que agradecemos moito e que nos anima a seguir ofrecendo novas ‘deleituras’ á #XenteDeleite en vindeiras ocasións.

Tras do Ceo Manuel Rivas Xerais Deleite deleitura Manolo Rivas Martiño Rivas
A nova obra de Manuel Rivas é unha novela negra radical, salvaxe, sen edulcorantes, e que forma parte dun proxecto literario que ten por fondo a caza do home polo home e a depredación social e natural. Un traballo que desde aquí recomendamos encarecidamente.

A continuación, o nome das seis persoas afortunadas:

🔹En Facebook as gañadoras son Carmiña Castro Pereira e Carolina Guitián Mariño.
🔹En X (Twitter) os libros van para @BluesLobito e @Sabelaroca8.
🔹E en Instagram a fortuna sorriu a @elena_belon e @piting_06.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibiren o seu premio.

E moito ollo.. Porque moi pronto traeremos novos sorteos!