Novas

Coñecemos os gañadores de 'Os anos tranquilos'

Written by Deleite Galego | Sep 2, 2024 7:27:31 PM

A pasada semana, dende as contas oficiais de Deleite, puxemos en marcha o sorteo de seis exemplares dunha nova 'deleitura'. Desta volta, o traballo escollido foi Os anos tranquilos, de Llerena Perozo Porteiro, que está editado por Xerais. Unha vez máis, a #XenteDeleite respondeu e rexistramos centos de participacións, algo que nos empurra a seguir agasallando cultura galega.


En Os anos tranquilos cóntasenos a
 historia vertixinosa dunha muller extraordinaria que, ademais de traballar coas súas mans, pode ser quen de vivir como unha gran señora pola súa capacidade de aprendizaxe e mesmo, cando é preciso, empregar as armas necesarias para matar.

A continuación, o nome das persoas afortunadas:

🔹En Facebook as gañadoras son Ana Domínguez Senlle e Natalia Escudero.
🔹En Twitter os libros van para @_Ainoapr_ e
@joam_maceiras.
🔹E en Instagram a fortuna sorriu a @centellita_lu e @pais_tania.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibiren o seu premio.