A pasada semana, dende as contas oficiais de Deleite, puxemos en marcha o sorteo de seis exemplares dunha nova 'deleitura'. Desta volta, o traballo escollido foi Os anos tranquilos, de Llerena Perozo Porteiro, que está editado por Xerais. Unha vez máis, a #XenteDeleite respondeu e rexistramos centos de participacións, algo que nos empurra a seguir agasallando cultura galega.
En Os anos tranquilos cóntasenos a historia vertixinosa dunha muller extraordinaria que, ademais de traballar coas súas mans, pode ser quen de vivir como unha gran señora pola súa capacidade de aprendizaxe e mesmo, cando é preciso, empregar as armas necesarias para matar.
A continuación, o nome das persoas afortunadas:
🔹En Facebook as gañadoras son Ana Domínguez Senlle e Natalia Escudero.
🔹En Twitter os libros van para @_Ainoapr_ e @joam_maceiras.
🔹E en Instagram a fortuna sorriu a @centellita_lu e @pais_tania.
As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibiren o seu premio.