O festival Revenidas ten xa todo listo para encher Vilaxoán de música, mensaxe e identidade, cun formato completamente vinculado ao territorio que foi crecendo nestas vinte edicións.
Nomes de repercusión mundial, como Rodrigo Cuevas ou Ska-P, unha aposta firme polo talento feminino e galego, tanto emerxente como xa consagrado, forman parte dun cartel con oferta para catro días de música sen parar, de xoves a domingo.
Vilaxoán convértese na capital galega da música. Grupos galegos tan talentosos como Fillas de Cassandra, The Rapants, Familia Caamagno ou Lamatumbá marcan presenza nun festival no que Deleite, un ano máis, non podía faltar no apoio á organización.
Esta última semana puxemos en marcha no noso Instagram (@deleitegalego) un sorteo de dous abonos dobres para asistir ao festival. A participación entre a #XenteDeleite desbordou todas as espectativas, algo que nos enche de ledicia e nos anima a seguir agasallando cultura galega.
As usuarias que tiveron sorte neste sorteo son: @laurablancomata e @victordemira.
As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos seguintes datos: nome completo das dúas persoas que asistirán ao concerto, DNI, número de teléfono e e-mail.
Moitas grazas a todos os que participastes no sorteo e lembrade que, se non tivestes sorte desta volta, pronto teremos novos xogos e premios!