Por que beber leite no verán
O leite non só hidrata, se non que tamén nutre. Cando suamos, moitos dos nutrintes do noso corpo, vanse coa sudoración, por iso é fundamental que nos hidratemos con líquidos que axuden ao noso organismo a repoñer de forma natural os nosos nutrintes básicos.
Isto é especialmente importante en persoas maiores, mulleres embarazadas ou persoas propensas á hipotensión. Se bebemos leite durante o día, axudaranos a evitar posibles desmaios ou mesmo lipotimias.
Consumir produtos con leite é doado
Ademáis dun xeneroso vaso de leite diario, durante o verán hai moitas maneiras de tomarmos leite.
-
Batidos e smoothies
É unha ideaza para almorzos, merendas ou ceas. As combinacións e posibilidades son tan amplas como nos permita a nosa imaxinación. Batidos verdes con verduras, batidos con sementes e cereais ou batidos de froitas. Todos son ideais para calmar a sede neste caloroso verán.
-
Xelados
Outra posibilidade igual de rica que de saudable son os xelados caseiros. Cando a calor apreta especialmente, os xelados tipo polo tenden a entrar mellor. Se ademáis están feitos con súper alimentos, coma estes polos de té matcha e Deleite, tanto mellor!
O leite axuda no broncreado
Pois si, como o les. O leite pode converterse no teu mellor aliado para conseguires un ton de pel máis dourado este verán.
O leite, así como o queixo, a manteiga ou o iogur conteñen dúas vitaminas para procesar o curtido: vitamina D e E. A primeira delas reacciona á exposición solar protexendo a pel e facilitando a absorción do calcio polos ósos. A segunda, a vitamina E, favorece a capacidade rexenerativa da pel, ralentizando a súa velocidade de peeling e axudándonos a conservar máis tempo o bronceado na época estival.
Como ves, son moitos os beneficios deste lácteo para o verán logo, non o dubides e inclúeo no teu día a día estes meses.