Hoxe presentamos outra receita reposteira da man de @media_laranxa, unha marabillosa conta de Instagram onde mestura lingua galega e repostería 🍦😋
Queres saber como facer uns 𝐁𝐎𝐋𝐈𝐍̃𝐎𝐒 #DELEITE 𝐂𝐎𝐍 𝐍𝐎𝐂𝐄𝐒? Pois pon atención 👀:
📝𝐈𝐍𝐆𝐑𝐄𝐃𝐈𝐄𝐍𝐓𝐄𝐒:
🔹550 gr de fariña de forza
🔸300 ml de Deleite
🔹50 gr de AOVE
🔸20-60 gr de azucre
🔹20 gr de lévedo fresco ou un sobre de lévedo depanadeiro
🔸1/2 culleriña de sal
🔹Unha presada de noces
🔸Un ovo
👉𝐏𝐑𝐄𝐏𝐀𝐑𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍:
- O primeiro paso é mesturamos o leite, o aceite, o lévedo, o sal e o azucre.
- A seguir, incorporamos pouco a pouco a fariña e amasamos até obtermos unhamasa compacta que non se nos pegue ás mans. Tapámola cun pano e deixamos quelevede unha hora.
- Unha vez que duplicou o seu tamaño, dividimos a masa en boliños pequenos edámoslle a forma que queiramos. A continuación, deixamos que leveden de novooutra hora. Pasado ese tempo, engadimos as noces e pincelámolos co ovo batido.
- Finalmente, enfornamos os nosos boliños 30 minutos a 180° e merenda lista!