Novas

'Bibopalula' consegue o Premio Deleite á promoción da lingua

Na recente xuntanza de finalistas dos XXIII Premios Mestre Mateo, celebrada hai uns días no Pazo da Deputación de Pontevedra, a serie de animación 'Bibopalula' foi distinguida co Premio Deleite á Promoción da Lingua. Este galardón, entregado por Marcial Gende, en representación de Deleite, recoñece o labor de "Bibopalula" ao ofrecer á nova xeración de nenos e nenas a oportunidade de gozar dunha serie de animación en galego, complementada cunha ampla oferta de contidos adicionais que apuntan cara a un futuro máis optimista para a nosa lingua.

Bibopalula Mestre Mateo 2025 premio promoción da lingua audiovisual galego 1
'Bibopalula' é a primeira serie musical de debuxos animados en galego dirixida a nenos de 3 a 6 anos. A serie narra as aventuras de catro paxaros músicos: Robin, Merli, Pegui e Carpin, que descobren fenómenos naturais en cada episodio. A música, composta por Santi Jul e Iván Laxe, ofrece cancións de rock e pop en galego promovendo a lingua galega e o amor pola natureza. A produción, a cargo de Undodez, conta coa colaboración da Televisión de Galicia e da Xunta de Galicia, e inclúe 20 episodios, unha canle de YouTube, un conto infantil, unidades didácticas e un espectáculo musical en vivo.

Deleite, como patrocinador oficial dos Premios Mestre Mateo, reafirma o seu compromiso coa promoción da cultura e da lingua galegas. A través deste premio, a marca destaca iniciativas que contribúen á normalización e difusión do galego entre os máis pequenos, asegurando así a continuidade e vitalidade da nosa lingua. A entrega deste premio a "Bibopalula" subliña a importancia de crear contidos atractivos e de calidade en galego para o público infantil. Este recoñecemento serve de estímulo para que máis produtores e creadores aposten por proxectos que integren a nosa lingua e cultura, garantindo que as novas xeracións medren en contacto coa súa identidade. Dende Deleite, felicitamos ao equipo de "Bibopalula" por este merecido galardón e animamos a seguir traballando en proxectos que enriquezan o panorama audiovisual galego.

Bibopalula Mestre Mateo 2025 premio promoción da lingua audiovisual galego serie animación 3
O Premio Deleite á Promoción da Lingua, instaurado en 2022, recoñece anualmente proxectos audiovisuais que destacan polo seu labor na difusión e normalización do galego.

Na súa primeira edición, o premio foi outorgado ao programa 'DígochoEu' da CRTVG, presentado por Esther Estévez. Este espazo caracterízase por un formato audiovisual orixinal que busca aumentar e perfeccionar o uso do galego. A súa crecente popularidade nas redes sociais reflicte o éxito desta iniciativa na promoción da lingua.

En 2023, o galardón recaeu na película de animación 'Valentina'. Este filme destaca por ofrecer unha historia entrañable e inspiradora en galego, dirixida ao público infantil, contribuindo así á normalización do idioma dende as primeiras idades.

A serie de animación 'Bechos' foi a gañadora en 2024. Composta por episodios de cinco minutos, está dirixida aos primeiros espectadores e narra as aventuras de catro animaliños: Xurxo, Xiana, Catuxa e Margarida. contribúen á súa difusión e normalización en distintos ámbitos e para diversos públicos.

Bibopalula Mestre Mateo 2025 premio promoción da lingua audiovisual galego serie animación 2
Dende Deleite, felicitamos ao equipo de "Bibopalula" por este merecido galardón e animamos a seguir traballando en proxectos que enriquezan o panorama audiovisual galego.

Fotos: AIGI BOGA.